9 oct 2006

"O porto comercial de Ribadeo"

O porto de Ribadeo tivo importancia estratéxica na costa cantábrica.
Mais na contra do que moitos pensan ou lembran, Ribadeo non só foi coñecido por ser o ponto de partida para o transporte do mineral de ferro de A Pontenova que embarcábase rumbo ao País Vasco a traverso do cargadorio da ría --estructura arquitéctonica que foi recuperada como miradoiro e hoxe é testimonio dun pasado relevante--, senón que Ribadeo tamén foi o porto comercial dende o que exportábanse materiais e productos moi variados.
Recuperala memoria do que foi un dos portos comerciais con maior movemento do litoral cantábrico serve, entre outras cousas, para coñecer de xeito máis riguroso as orixes da actual sociedade.
As circunstancias e as sustancias dese pasado están no eixo do traballo de recopilación e análise histórica que o 14 de outubro de 2006 foi presentado polo autor na Casa das Letras: "O porto comercial de Ribadeo nos séculos XIX e XX", de Chemi Lombardero Rico.
Edita SOCIEDAD ASTURGALAICA DE AMIGOS DEL PAÍS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.