16 oct 2006

"Pepa a Loba"

O relato Pepa a Loba, de Carlos G. Reigosa, é unha fotografía literaria da muller que ca súa traxectoria vital ten reflectidas moitas das características fundamentais da idiosincracia galega.
A persoa coñecida como Pepa a Loba é, ao marxe doutras consideracións, unha das máis representativas da rebeldía ácrata e, ao tempo, do individualismo do que sempre fixeron gala moitos galegos. Agora, grazas ao traballo dun xornalista da vella escola (a dos que falan das cousas reais), Pepa a Loba ten unha novela biográfica de marcada raigame histórica.
Carlos G. Reigosa (Pastoriza, 1948), é licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas; ten longa traxectoria xornalística i é membro do consello asesor da Fundación del Español Urgente (Fundeu).
Como narrador, Reigosa ten publicadas en língua galega, entre outros traballos, os seguintes: Oxford, amén (editado por Xerais), Homes de tras da Corda (Xerais), Crime en Compostela (Xerais), As pucharcas da lembranza (Xerais), Irmán Rei Artur (Xerais), O misterio do barco perdido (Xerais), Os outros disparos de Billy (Xerais); A guerra do tabaco (Xerais), e Narcos (Xerais).
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.