Casa das Letras acolleu o pasado mes de agosto unha multitudinaria homenaxe a quen está considerado como o primeiro galego que se adicou de xeito profesional á banda deseñada: o ribadense Suso Peña.
Os primeiros pasos da súa longa traxectoria profesional como autor de bandas deseñadas os deu no Grupo La Floresta, así denominado por Luís Gadea debido á situación do centro de traballo, na localidade do mesmo nome (concello catalán de Sant Cugat del Vallès). Os membros do colectivo reuníanse nun localiño que estaba moi preto da estación dos Ferrocarrís Cataláns, a pouco máis de dez kilómetros de Barcelona, na cara norte do Tibidabo.

No grupo La Floresta, que desenvolveu a súa laboura nos derradeiros anos da década de 1960 e os primeiros anos setenta, Peña traballou xunto a autores como Carlos Giménez, Adolfo Usero, Esteban Maroto, Luís García e outros, producindo para varias axencias e editoriais.
Durante un período de vintecinco anos os debuxos, cómics e historias ilustradas de Peña foron publicados en América e Europa. Así, por exemplo, realizou, xunto con Carlos Giménez, varios episodios da serie Alex, Khan y Khamar para a axencia de José Ortega, con destino ao mercado europeo, e participou en revistas como Creepy nos eidos da ciencia ficción e as aventuras.
Nos anos oitenta, Peña deixou a banda deseñada para adicarse á fotografía, a docencia, a pintura e logo tamén –xa nos anos noventa-- a realización de páxinas web. Algunhas das súas obras de banda deseñada son "Cinco por infinito", "El hombre de Pinkerton" e o libro divulgativo sobre a Constitución española.
O día 4 de febreiro de 2006 inaugurouse unha rúa co seu nome no barrio de San Lázaro, en Ribadeo.Co gallo da homenaxe, viu a luz o libro Suso Peña: La mirada mágica, de Daniel Cortezón e editado por Publilar, e que conten a biografía do debuxante, imaxes dos seus traballos e algunhas das extraordinarias fotografías que fixo nos derradeiros anos da súa fértil vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.