9 oct 2006

"A cuestión ambiental en Galicia"

Os conflitos entre produción e natureza son tan vellos como o home. Aínda que o máis exitado é falar dunha relación que é tan vella como a existencia da vida animal na Terra.
¿Quen non escoitou a teoría segundo a cal a desaparizón dos dinosaurios estivo vencellada co seu elevado consumo de vexetais, ao marxe do desastre engadido que provou o impacto contra a Terra dun meteorito?
Galicia, como territorio cunhas características específicas, é un espazo singular e precisa de estudos concretos para evaluar o seu estado, o pasado e o presente, e o primeriro elemento é a terra, o solo, as pedras.
Os científicos especializados nese apartado do coñecemento científico son os edafólogos e un dos máis acreditados de Europa é o galego Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa (1941) pero vencellado á costa luguesa por ligazóns familiares.
A leitura do seu trabballo A cuestión ambiental en Galicia é indispensable para quen teña interese en coñecer o pasado, presente e futuro do solo galego, a nosa terra.
Edita GALAXIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.