Neste 2007, con motivo do 125 aniversario do teatro galego, estanse a desenvolver diversas actividades conmemorativas e acordouse a elaboración do primeiro Plan Galego das Artes Escénicas, co obxetivo xeral de estimar tanto os logros acadados até hoxe polo noso teatro como as súas potencialidades de futuro.
A efeméride, sinalada pola estrea o 13 de agosto de 1882 na Coruña da obra A fonte do Xuramento, de Francisco María de la Iglesia, festexarase cunha exposición didáctica itinerante, un congreso das artes escénicas, unha programación especial de espectáculos e unha campaña publicitaria de sensibilización social.
O Plan Galego das Artes Escénicas quere ser a ferramenta que contribúa eficazmente a converter esta manifestación artística nunha das canles preferentes de expresión e difusión da nosa cultura dentro e fora de Galiza, por medio de eixos de intervención que van desde a consolidación da industria das artes escénicas até o fomento da accesibilidade para os públicos.
Outro dos eventos senlleiros deste 125 aniversario será unha exposición comisariada polo estudoso da historia do teatro Carlos Biscaínho, que achegará, a través de imaxes e obxetos e de xeito didáctico, o devir do teatro a través dos grandes períodos históricos da actividade dramática galega. A mostra, que se inaugurará na Coruña no mes de xuño, completarase cun espazo versátil de visionado e relación cos diferentes sectores implicados na creación escénica, denominado Pavillón Lino en homenaxe a todos aqueles locais de exhibición que tiñeron un papel destacado no noso teatro.
No outono, realizarase o Congreso das Artes Escénicas de Galiza. Así mesmo, os espectadores poderán asistir nos vindeiros meses a unha programación escénica especial coa finalidade primordial de achegar o teatro aos públicos novos e en espazos e ámbitos non habituais.
Ademáis, acaba de saír a rúa o primeiro número da revista Paraíso, un novo elemento promocional dos espectáculos galegos, de periocidade mensual, con reportaxes e entrevistas, fichas de identificación de todos os espectáculos de teatro, danza e música, e máis o seu calendario de funcións.

Grazas polo texto. Unnamorado do teatro.
ResponderEliminarNorte de Portugal e Galiza: Um Futuro Comum?
ResponderEliminarLê e comenta.