O bosque de Nadgor é un canto ás vilas galegas feitas a escala humana que moitos de nós acordamos – ben sexa por vivencia directa, ben a través das fotografías contempladas en exposicións ou nos nosos libros de historia local --. Hai que ter a valentía de recoñecer o que pasou, o que fixemos con elas. Non han volver tal como eran. Mais as vilas e cidades son entes vivos, que medran. E podemos intentar modificar o seu deseño segundo vaian desenvolvéndose. Podemos procurar humanizalas. E manter aquilo que conserven. Por iso queremos facer este canto á capacidade de soñar, de imaginar doutra maneira as cousas, para plasmar ditos ideais en novos proxectos. Ademáis, se estragaron tan aloucadamente o noso contorno máis inmediato, que non estaremos dispostos a facer co que non teñamos á beira das nosas casas?
Farruco Graña, nado en Carballo e establecido en Ribadeo, é profesor de Filosofía no IES Marqués de Casariego, en Tapia de Casariego (Asturies). Ten preparados traballos en varias edicións da Semana Galega de Filosofía, así como en Cursos de Formación do Profesorado.

Actualmente colabora coa prensa local dasbisbarras de Bergantiños e de A Mariña.
Edita AGRUPACIÓN CULTURAL FRANCISCO LANZA
Edita AGRUPACIÓN CULTURAL FRANCISCO LANZA
http://ajaspino.blogspot.com/2007/05/o-bosque-de-nadgor-farruco-graa.html
ResponderEliminarPor se serve de algo.