Esta antoloxía é o resultado dun amplo inquérito efectuado entre un número representativo de persoas implicadas na produción, edición, crítica e estudo da poesía galega actual. Determinouse así unha selección de vinte e seis poetas que publicaron a súa obra no período 1976-2000, marco cronolóxico cun perfil definido en termos históricos no que o número e a entidade dos libros de poesía editados foi verdadeiramente excepcional.
Contribuír ao establecemento dun canon interxeracional para ese derradeiro cuartel do século XX foi un dos propósitos da publicación. Non estamos, pois, perante unha antoloxía correspondente a unha poética específica, a unha certa tendencia ou a un grupo xeracional. En realidade, este libro ofrece, con prespectiva ampla, un retrato global da poesía recente.
En tanto proxecto de análise empírica a escolma revela ademáis, con sentido dialéctico, os criterios dominantes entre os axentes con capacidade para tomar decisións no campo da poesía galega.
Arturo Casas é profesor titular de Teoría da Literatura e Literatura comparada na Universidade de Santiago de Compostela, onde desde 1998 dirixe o programa de doutoramento homónimo. É autor de diversas publicacións sobre estética, historia literaria comparada, semiótica do texto poético, historia e teoría da crítica e poesía galega contemporánea.
Editou tres libros da autoría de Rafael Dieste, a quen dedicou tamén dúas monografías. Entre os seus últimos libros figuran La descripción literaria (1999) e Bibliografía sistemática de Teoría literaria (2001).
Participou na edición e tradución de antologías de poesía estonia e irlandesa. Coordinou o volume Elementos de Crítica literaria, e como integrante do Equipo Glifo publicou así mesmo Diccionario de termos literarios (1998-2003)
Edita TRIS TRAM

No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.