O hispanista británico e ribadense por vontade propia John Rutherford foi galardoado co Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo pola súa labor a prol da cultura galega. O premio ven a recoñecer o traballo de Rutherford na "difusión da nosa lingua, da nosa cultura en todo o mundo, proxectándonos cara a universalidade, tal e como preconizaban os pais do galeguismo".
Rutherford é profesor do Queen’s College da Universidade de Oxford e presidente do Centro de Estudos Galegos desa universidade británica. Foi cofundador e presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos, da que forman parte profesores e catedráticos de medio cento de universidades de todo o mundo interesados na língua e a literatura galegas.
É autor da novela As frechas de ouro, publicada pola editorial Galaxia no ano 2004 e promoveu unha rondalla que durante anos animou as noites ribadenses, ademáis de ter sido o director e un dos máis activos promotores das Xornadas Mar por Medio.
MÁIS, en "John Rutherford en Trasalba", na blogue As Uvas na Solaina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.