5 jun 2007

"Cólera"


Este libro tenta recuperar a memoria sentimental da resistencia contra o franquismo, desde mediados dos sesenta até mediados os setenta. Foron anos de rebeldía nos que se produciron folgas obreiras, loitas sectoriais contra o réxime opresor, detencións, cárcere, mortes, exilio… A autora reflicte un proceso histórico que viviu e padeceu.
Foron anos de conciencia ideolóxica e represión brutal; xa que logo, non lle era posible rememorar ese terror sen ira, non podía escribilo sen cólera.
Pero aínda que a autora viviu os acontecementos, non os escribe en nome propio: están trazados desde o punto de vista masculino. Non podería escribirse un libro como este desde a posición das poucas mulleres organizadas daquela en partidos e sindicatos. As mulleres non decidían, non contaban.
Este poemario de lembranzas e tamén de recoñecemento aos impulsadores da conciencia política galega non sería o mesmo escrito desde a conciencia feminista. Tería que chamarse Cóleras, xa que as mulleres sentían unha dupla indignación porque padecían unha dobre opresión.
María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é na actualidade directora da revista Festa da palabra silenciada e dirixe a colección As Literarias, de Xerais. Como poeta é autora de Metáfora da metáfora (1991), Despertar das amantes (1993), Fóra de min (1995), Non o abras como unha flor. Poesía reunida 1980-2004 (1994), e Cólera (2007).
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.