Poesía galega completa recolle toda a obra poética publicada por Xosé M. Álvarez Blázquez, incluíndo os poemas inéditos da edición anterior e outros moitos que até o da agora nunca saíron á luz, nunha cuidadosa edición preparada por Xavier Rodríguez Baixeras.
Membro da xeración do 36, que foi truncada pola Guerra Civil, a fonte máis autentica e profunda da lírica de Álvarez Blázquez é a poesía popular. Así e todo, como di Baixeras no estudo intodutorio: “O primeiro que cabe destacar da súa poesía é a diversidade, pois toda ela obedece a dúas actitudes moi diferentes; por unha banda, a adhesión a unha liña neopopular e de tradición imaxinista, e, por outra, á dunha expresión intimista e, finalmente, social”.
Trátase dunha voz que non se limita a acomodarse nun mesmo tipo de poema, senón que procura sempre unha maneira nova.
A obra de Xosé M. Álvarez Blázquez (Tui 1915-Vigo 1985) abrangue a poesía, a novela e o teatro; e investigou a Literatura, o folclor e a Arqueoloxía. Ademais de escritor, foi editor e un importante animador do panorama cultural galego. Fillo de Darío Álvarez Limases, militou na Federación de Mocedades Galeguistas.
Membro tamén da Real Academia Galega e cronista oficial da cidade de Vigo, Álvarez cofundou a Editorial Monterrey en 1950, que refundou en 1964 como Edicións Castrelos. Os seus poemarios máis destacados son Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII), e Canle segredo (1954), o libro máis intimista.
Edita XERAIS
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.