"Viaxar con outros ollos, ollar historias, ollar sitios comúns, ollar costumes e modos de vida, ollar coa vista e ollar coa cabeza e mesmo co corazón. Este proxexto xorde da necesidade de viaxar. Unha viaxe educativa e vital coma tódalas viaxes. Para iso e para ollar coa vista dos demais toma olladas prestadas de quen mellor sabe cristalizar as olladas, os momentos, os estados de ánimo. Olladas prestadas dunha arte e duns artistas que sempre consiguen cristalizar os momentos, as olladas: os fotógrafos.
"Pero as palabras tamén teñen o seu aquel de viaxeiras, viaxan e quedanse polos labirintos persoais e internos de cada un. Fan viaxar con historias, sentimentos e descricións daqueles lugares onde nunca estivemos e mesmo nos orientan cando nos perdemos á nosa cegada a un sitio novo e esquecéndonos de mapa algún preguntamos aínda que non coñezamos o idioma. Non podemos, máis logo deixar de usar as nosas palabras para acompañar as olladas dos demais.
Por iso que mellor que xuntar olladas e palabras, como proxecto educativo, coma proxecto de viaxe e coma colaboración para que os alumnos de 4º de ESO poidan ollar, coñecer, mirar, preguntar e viaxar. Igual que unha viaxe longa empeza cun pequeño paso adiante, un bo proxecto empeza cunha pequena idea. Unha idea para compartir con todos vós e que nos permita viaxar…

Ollar é viaxar...
Este libro vai de olladas prestadas...
Con outros ollos...
Este libro vai de olladas prestadas...
Con outros ollos...
Olladas prestadas...
A palabra escrita tamén ten moito de viaxeira…"
[O texto reproducido é o limiar do libro]
[O texto reproducido é o limiar do libro]
Nesta publicación dos alumnos do IES Dionisio Gamallo colaboran coas súas fotografías e o seu traballo: María Acuña, Diego Casado, Toni Deaño, Fernando F. Páez, Cristina García, Miguel Lorenzo, Rafa Millares, Mariano Pérez Nava, David Rivas, Pedro Rodríguez, José Carlos Rolle e Manel Yánez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.