Situada entre Asturias e Galiza, a ría de Ribadeo é un dos esteiros máis importantes do norte de España. As augas do Cantábrico penetran nas preamares, atopando alí as augas doces do río Eo. Así resulta unha multiplicidade de ambientes moi interesante, en función da maior ou menor salobridade do chan e do tempo de exposición do aire.
Ademais, a confluencia de augas mariñas e fluviais supón unha importante achega de sedimentos e materia organica, que crea un biotipo moi rico en nutrientes para os seres vivos, aínda que tamén lles impón unhas condicións moi duras.
Este libro pretende achegar o lector á naturaza asociada a este importante esteiro para facilitar a súa comprensión como medio vivo e a identificación das principias especies que o habitan.
O seu autor José María Fernández Díaz-Formentí (Xixón, 1963) é médico especialista en Estomatología e apaixoado naturalista. É autor de sete libros previos todos relacionados coa natureza en Asturias.

O libro é un proxecto conxunto entre Eo Natura, o Ceder Oscos-Eo, a Asociación Puente de los Santos, o Gobierno del Principado de Asturias, o Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, o Leader+ e a Unión Europea, e non está á venta, senón que distribúese de forma gratuita entre os escolares das vilas do entorno da ría de Ribadeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.