O domingo 17 de maio, o xornal La Voz de Galicia ofrecerá ao prezo de 1 euro o libro Ramón Piñeiro, o amigo que lembramos, autor ao que está dedicado o Día das Letras Galegas 2009. A obra recolle traballos sobre a personalidade e a obra de Piñeiro escritos por persoas moi próximas a el: Xesús Alonso Montero, Miguel Barros, Alfredo Conde, Xerardo Fernández Albor, Xosé Luís Franco Grande, Víctor Freixanes e Xusto Beramendi.
Culto, discreto, reflexivo e afable, Piñeiro foi tamén un firmísimo defensor das súas conviccións e da cultura galega. A súa figura representa para o país non só aquilo que plasmou nos libros, senón tamén os moitos froitos do debate e da comunicación que mantivo con infinidade de persoas co obxectivo de que, foran dunha ou outra ideoloxía, fixeran súa a defensa da cultura e da língua galegas. Os autores tamén reflicten a laboura política que desenvolveu desde a xuventude ata a súa participación como deputado independente --elexido na candidatura coruñesa do PSdeG-PSOE-- na primeira lexislatura do Parlamento de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.