21 may 2009

"Os muiños de vento de Ribadeo"


Dende hai uns anos, profesores e alumnos do Instituto Dionisio Gamallo Fierros están a recoller nos seus Cadernos de investigación, distintos aspectos da historia e da realidade ribadense que moitas veces son descoñecidos para a xeralidade dos cidadáns.
Así, dende o ano 1996, cando saiu á luz o primeiro número, ata hoxe os títulos publicados son:
- Os nomes das rúas de Ribadeo.
- Ánxel Fole e Ribadeo.
- Catálogo de árbores e arbustos do Xardín do IES Dionisio Gamallo Fierros.
- Ribadeo, espacio literario.
- Nosa señora das virtudes da Ponte
.
O de máis recente publicación é Os muiños de vento de Ribadeo, un tema nunca tratado na literatura ribadense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.