Lois esperta pola mañá cedo e descobre que a súa muller xa non está na casa. Tampouco responde ás chamadas telefónicas. A angustia da soidade inesperada, do descoñecemento e do temor, acaba por abrirse paso cara ao temido fracaso da parella, a separación.
Cunha prosa musical e mordaz, Manuel Veiga (Monforte de Lemos, 1960) fai confluír nesta novela --gañadora do Premio García Barros 2006, convocado polo Concello da Estrada coa colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística e Editorial Galaxia--, dúas historias: a dun home e dunha muller que se buscan e a da cidade-metáfora que é o Vigo actual, que, coma os protagonistas, tamén quere recoñecerse e aceptarse nas súas grandezas e nas súas miserias, no seu pasado e no seu presente.
Edita GALAXIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.