16 dic. 2006

"Palabras contadas"

"Asaltara as redaccións todas para que lle publicasen o máis tráxico e optimista relato do mundo. Pero que desatentos andan nos xornáis coa literatura... Buscando complicidades, alguen lle dixo que probase nos anuncios por palabras, porque cobrando ningún periódico se nega. Pediu tarifas, pero a limitada economía de quen padece a historia só lle permitía dez palabras. Repensou a longa ringleira de frases descartando o prescindible e deu orde de escribir: A especie está afeita á morte pero os individuos, non."
Camilo Franco (Ourense, 1963), que é escritor e correspondente cultural de La Voz de Galicia, ten publicados os libros A lúa no cenit e outros textos (1988), Rivadavia (1993), En malos pasos (Xerais, 1995), Por conto alleo (2003), e agora Palabras contadas (xerais 2006).
No espazo electrónico Vieiros publicou as series de narracións Por conto alleo (1999) e Necesariamente X. A razón máis quente (2001). Palabras contadas deu pé á exposición homónima da Fundación Luís Seoane, organizada dentro do Proxecto Edición (2006).
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.