Hânt’a leva trinta e cinco anos facendo balas de papel vello cunha prensa hidráulica nun lúgubre soto de Praga, cun feixe de ratos e un xefe explotador como única compaña.
Dende o burato do teito do seu soto, no chan dun patio, cáenlle moreas de libros e todo tipo de papel usado condenado a ser comprimido e reciclado. Para Hânt’a moitos deses libros son tesouros dun valor incalculable, que pasan a enriquecer a súa biblioteca persoal, ocupando todo o espazo da súa casa.
Entre xerra e xerra de cervexa e libros de filosofía, arte e literatura, fai de cada bala unha verdadeira obra de arte, escollendo cuidadosamente os libros que as compoñen e decorándoas con láminas de arte. Mais maila o seu esforzo creativo e a súa bagaxe intelectual, un traballador coma el e unha prensa como a súa non son rendibles nun mundo máis preocupado pola cantidade que pola calidade, reflexo dun novo tempo que xa non é o seu…
Bohumil Hrabal (Brno, 1914 - Praga 1997) estudou Dereito, Historia da Literatura, Arte e Filosofía. Obrigado a deixar a vida académica, pasou por diferentes empregos, nos ferrocarís, nos telégrafos ou nunha planta de recollida de papel na rúa Spálená de Praga, experiencia que lle serviu de inspiración para esta novela.
Entre as súas primeiras obras figura Trens rigorosamente vixiados, que foi máis tarde levada ao cine. O mundo que describe Hrabal é ás veces triste; o seu estilo, moi vivo e peculiar, con longos períodos, que reflecten a corrente de consciencia dos seus persoaxes cotiáns e marxinais, os cales nos amosan unha realidade pouco idílica, xenios da vida corrente, mergullados nela e condenados por ela á insignificancia.
Edita RINOCERONTE

No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.