24 dic 2006

"Tres segundos de memoria"

Escrita cun estilo fresco, directo e cargado de humor, Tres segundos de memoria --que este ano acadou o Premio Xerais-- é unha novela que fai un retrato dun sector urbano e moi damnificado da sociedade galega, onde a espontaneidade abrolla por enriba do políticamente correcto.
Un mozo de 30 anos, parado e á espera da próxima oferta de laboral --cun contrato precario, circunstancia que xa é cotiá--, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado.
O protagonista é unha persoa sociable e ocurrente, vítima do que el denomina o post-fracaso, unha actitude con fortes doses de cinismo ante a vida.
Tres segundos de memoria está habitada por personaxes mozos, fracasados, maiormente cultos e intencionadamente afastados dunha cultura que só os levou a engrosar as filas do paro e a prolongar traumaticamente unha adolescencia que xa non lles correspondía.
Diego Ameixeiras Novelle (1976) é xornalista, profesión que exerce en prensa, radio e televisión. Na actualidade trabilla como guionista. Da serie protagonizada polo detective Horacio Dopico publicou dúas novelas: Baixo mínimos (Xerais, 2004) e O cidadán do mes (Xerais, 2006).
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.