27 dic 2006

"A pensión Eva"

Todo comeza cun misterio: como aprender a vivir no medio dunha guerra, e como descubrir a amizade e o amor mentres as bombas destrúen as cousas, matan persoas e acaban coa dignidade social.
Andrea Camilleri (Porto Empedocle, Sicilia, 1925), un dos grandes escritores italianos de hoxe, conta nesta novela unha historia que se inicia co espertar da curiosidade dun rapaz polo sexo e remata cunha deflagración de amor máis forte que a morte.
A pensión Eva deixa un arrecendo de ternura mesturada con señais e feitos que revelan crueldade e cuns personaxes feiticeiros e auténticos que lembran aos do cinema realista de Federico Fellini.
Edita GALAXIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.