10 ene 2008

"Anxos en tempo de chuvia"

Anxos en tempos de chuvia, de Miguel Vázquez Freire, é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. O irmán de Anxos, a rapaza falecida, Moncho, non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador na procura de pegadas. Pero, en certo modo, coma un detective ao revés, porque o que Moncho busca non son as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia.
A novela, cunha trama artellada moi coidadosamente, aborda dende temas tan actuais como a problemática dos accidentes de tráfico, a droga, o consumo de alcohol, a sida, o rock bravú, a lingua e a identidade galegas; e tamén os temas de sempre da mocidade como son o amor, a iniciación á sexualidade adulta, a reflexión sobre a relixión e a existencia e, sobre todo, a consideración da morte como unha experiencia vivida.
[O texto reproducido é o da presentación da editorial]
LIGAZÓN ao perfil do autor: Miguel Vázquez Freire.
Edita XERAIS

2 comentarios:

  1. encantame este libro

    ResponderEliminar
  2. preferiria que contaras lo mas importante porque tengo un examen y no me dio tiempo de leerlo todo..

    ResponderEliminar

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.