Un científico famoso morre en circunstancias estrañas, semellantes ás que aparecen nunha novela escrita anos atrás pola súa dona, de quen vivía separado.
Un dos fillos acusa á nai de ser culpable da morte do pai. A nai, para defenderse, escríbelle unha longa carta na que analiza o papel que tiveron distintos personaxes na morte do científico.
Case perfecto obriga ao lector a tomar partido, a decidir se está asistindo ao relato dun crime case perfecto, ou se trata dun desgraciado suceso producto do azar.
Co seu peculiar sentido do humor e a súa habitual sutileza para penetrar nos recunchos máis fondos do ser humano, Marina Mayoral mostra en Case perfecto a complexa trama de sentimentos que poden unir e desunir aos menbros dunha familia coa que moitos lectores se sentirán identificados.
Edita XERAIS
Edita XERAIS
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.