26 abr. 2007

Outra xoia bibliográfica na Casa das Letras: "El sentido de la ciudad"

Un novo libro cheo de historia ribadense enriquece hoxe as estanterías do espazo adicado a centro bibliográfico na Casa das Letras: El sentido de la ciudad, de Antonio Rodríguez Mas.
Trátase dunha crítica de canto se opón á convivencia humana, pesei a que sen ela non é posible a cidade; a polis, no senso clásico dos gregos. Rodríguez Mas naceu en 1911 e foi secretario diplomado de Administración Local, sendo secretario nos concellos de Tarragona, Segovia e Ribadeo, e ocupou o posto de secretario na Deputación da Coruña.
A sua tese de diplomado titulábase Antecedentes y significación de la Ley de Ayuntamientos de 8 de enero de 1845. Contribución al estudio de la Administración Local española en la primera mitad del siglo XIX.
Sentiu sempre unha grande inclinación polo urbanismo, do que dan fe as súas obras El Arzobispo Urbanita: Don Joaquín de Santillán y Valdivielso. 1779-1783, galardoado co IV Premio Cronista José María Pujol, e El hombre y la ciudad, ambas disponibles no fondo de Casa das Letras. Rodríguez Mas e pai dos escritores Antonio e Xavier Rodríguez Baixeras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.