Este libro é exactamente o que din o seu título, un Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. O autor, Xosé Luis Méndez Ferrín, explora con ánimo indagatorio e divulgativo, sen unha estrita pretensión académica, os antropónimos do país, que son os auténticos protagonistas deste traballo.
A obra organízase en tres partes:
O consultorio, no que abórdanse asuntos xerais e particulares referidos aos nomes persoais e aos apelidos galegos;
O ferrado de apelidos, no que analízanse por orde alfabética os 153 apelidos máis frecuentes do país galego; e
A flor de raros, onde trátanse vinte apelidos seleccionados entre os excepcionais.
Completan a obra un breve glosario e un completo índice onomástico. O Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos é un volume de indispensable consulta para todas aquelas persoas que sintan curiosidade e afán de coñecemento pola vida e a historia dos devanceiros.
Edita XERAIS
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.