17 nov 2007

"Cardume", lembranzas dun tempo doloroso

Cardume relata a través dun fío persoal e familiar a historia dos sobreviventes a un tempo confuso, enfermo e doloroso; a ese tempo aberto pola eclipse da República e dos seus ideais.
A novela caracteriza un período moi longo que retrata boa parte do século XX a través de varias xeracións, sorprende coa fascinante recreación de atmósferas sociais, familiares, políticas, industriais, culturais, e a recreación dos retratos da emigración daquela época convulsa que deixou unha pegada imborrable nas persoas que a viviron. Ambientada nun Vigo industrial e atlántico, Cardume é un crisol de persoaxes que evolucionan e logran subsistir ás miserias dunha cidade desacougante. 
Cunha gran capacidade expresiva e unha lengua poética e metafórica que evidencia unha clara vontade estilística, Rexina Vega reivindica nesta novela a memoria como conformación de identidade do presente.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.