Maria Mariño (Noia, 1907-Parada do Courel, 1967) chegou no ano 1947 a Parada do Courel, onde coñeceu ao poeta chairego Uxío Novoneyra, circunstancia que provocou o xurdimento dunha das voces máis sorprendentes da lírica galega. No ano 1963, Mariño publicou, cun limiar de Ramón Otero Pedrayo, Palabra no tempo. Despois, Mariño escribira os poemas de Verba que comenza (1990), publicado póstumamente. María Mariño faleceu o 19 de maio de 1967.
En 2007 dedícaselle o Día das Letras Galegas, coarenta anos despois da súa morte e cando se celebrou tamén o centenario do seu nacemento. Esta biografía de recente aparición está escrita por Xerardo Agrafoxo (Noia, 1952), que é autor de máis de vinte libros sobre arqueoloxía, historia, didáctica e narrativa galegas. Estudou Maxisterio e Filosofía e Letras, é licenciado en Xeografía e Historia e doutor en Prehistoria. Autor dunha trioloxía sobre a guerra civil na comarca do Barbanza, como narrador publicou o libro de relatos O triángulo de Oscar Wilde (2003) e a novela Unha viaxe no Ford T (Premio García Barros, 2004).
Edita GALAXIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.