Hoxe é noticia unha libreiría, mágoa que sexa unha nova negativa. A libreiría Colón de A Coruña que abriu ao público no ano 1927, pechou as súas portas onte a noite.
O edificio no que estaba ubicado o comercio --no número 24 da peonil rúa Real, no centro da cidade-- foi declarado en ruína a iniciativa dos propietarios, que mesmo recurriron ao xulgado para proceder ao seu derrubamento caseque total. Segundo as normas urbanísticas e as de protección do patrimonio histórico da Coruña, a nova construcción terá que conservala fachada, pero as posibilidades de que os baixos acolleran unha nova Colón eran mínimas debido aos disparatados prezos que hoxe rixen no sector inmobiliario.
Hai probas dabondo do extraordinario servizo prestado por Colón á cultura da poboación da comarca coruñesa. A cidade ártabra e toda Galicia perden unha referencia cultural e os libreiros estamos de loito.
MÁIS INFORMACIÓN en LA OPINIÓN DE A CORUÑA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.