Publícase simultáneamente en varias línguas europeas, entre elas o galego, a nova novela de Paul Auster. En Viaxes no scriptorium, o autor galardonado co Premio Príncipe de Asturias das Letras 2006 dá unha nova volta de rosca á súa recoñecida e esixente obra literaria e sitúa aos lectores nun ámbito no que imaxinación e a linguaxe constitúen os eixos do universo dun personaxe sen lembranzas.
Despois do éxito de Brooklyn Follies, Paul Auster volve cunha novela que sorprende xa desde o comenzo: un home vello e só está sentado nunha habitación na que hai unha fiestra, unha porta, unha cama, un escritorio e unha cadeira.
Ao espertar non ten lembranzas, non sabe se pode saír da casa ou non. Arredor del apenas hai obxectos: unhas fotos vagamente familiares, catro moreas de follas de papel e etiquetas cunha palabra escrita a man. Velaquí o punto de partida da nova proposta narrativa do escritor norteamericano.
Nesta novela, Paul Auster reflexiona, desde a fición narrativa, sobre as fantasmas da creación, mesmo incorporando ou rescatando personaxes doutras obras anteriores súas. Unha viaxe interior que ao mesmo tempo é unha esixente proposta de creación da que fai cómplice ao lector, que participa no relato case que en pé de igualdade.
Editan: ANAGRAMA en castelllano, EDICIONS 62 en català, ALBERDANIA en euskera, e GALAXIA en galego
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.