6 feb 2007

"Farsa de Bululú"

"O rei Bululú, que leva unha grande cachiporra semellante á do rei de bastos, entra no salón seguido do ministro de Facenda, o médico real e do grande canciller. Cando senta no trono ordena o xantar: poñeremos caldo de verzas con ben unto e moitas fabas, chourizos con cachelos, callos ben picantes con abundancia de prebe, raxo asado, figo encebolado. Viño do Ribeiro, branco e tinto. Hoxe deixamos o postre que estou desganado…"
Escrita entre 1969 e 1970, esta peza, baixo o título O meu mundo non é deste reino, obtivo en 1973 o premio do Concurso Teatral Abrente de Rivadavia. Foi estreada en 1979 en Perlío co título Farsa de Bululú polo Grupo Teatral Tagallo, de Fene, e publicada en 1992, con carácter non venal, polo xornal El Correo Gallego dentro da súa Biblioteca 114.
Manuel María (Outeiro de Rei 1929, A Coruña 2004) foi autor dunha inmensa obra literaria, que abrangue a poesía, a narrativa e o ensaio. En 1942 trasladouse a Lugo para estudar o Bacharelato e alí comenzou a súa precoz carreira literaria participando, á idade de 20 anos, no ciclo de conferencias Jóvenes Valores Lucenses. Esta primeira conferencia serviulle para coñecer os integrantes da tertulia da Cafetería Méndez Núñez (Pimentel, Fole, Rof Codina e outros), en Lugo, local onde o poñeran en contacto coa realidade galega, tanto a interior como a do exilio.
Nesta primeira etapa da súa vida, publica o primeiro poemario dun poeta da nova xeneración, Muiñeiro de brétemas (1950), co que se inaugura a denominada Escola da Terba.
Manuel María é autor dunha estensa obra dramática, entre as súas pezas publicadas podemos sinalar: Auto do taberneiro (1957), Auto do labrego (1961), Auto do mariñeiro (1961), Barriga verde (1968), Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (1979), Auto do Maio esmaiolado (1982), Abril de lume e ferro (1989) e Unha vez foi o trabón (1992).
Coeditan XERAIS, IGAEM e a XUNTA DE GALICIA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.