
Eran os primeiros actos que a prestixiosa institución --que no ano 2006 cumpriu cen anos-- celebraba fóra da súa sede coruñesa, trocándoa nesta ocasión polo suntuoso salón de festas do Gran Hotel mondaricés, convidados por aqueles grandes dinamizadores da cultura galega que foron os Peinador, en palabras de Ramón Cabanillas recollidas do seu discurso de ingreso: "Os fidalgos señores desta casa galega de Mondariz que hoxe nos acolle coa gentileza e o amor que un morto esgrevio [en alusión ao seu pai Sabino Enrique] lles deixou en herdo espiritual".
Este traballo de Xaquín Vales ofrece unha ampla crónica artística e literaria, reconstruindo aquelas tres esplendorosas xornadas nas que tiveron lugar os brillantes actos de ingreso dos poetas Rey Soto e Ramón Cabanillas na Academia Galega, e máis unha homenaxe ao seu venerable presidente, Manuel Murguía; para este entrañable acto e a festa posterior contaran coa participación e irmanamento musical dos coros galegos Agarimos da Terra e De Ruada, que tamén escenificara un divertido e instrutivo sainete de Prado Lameiro.
Edita IR INDO
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.