18 ene 2007

"Breve historia da arte galega"

Breve historia da arte galega é un achegamento á historia da arte en Galicia, desde as mámoas e os petroglifos ate as tendencias estéticas das últimas décadas, de xeito sintético e partindo dunha aproximación á realidade histórica na que se sitúan os procesos artísticos.
O obxecto do libro é, pois, ofrecer un anaco da tradición cultural europea producida nun país que posúe unha singularidade histórica marcada, dentro da que se proxectan as grandes correntes artísticas da Europa Occidental, con variábeis ritmos de incorporación e de acordo cos diferentes procesos históricos, e que desde o século XIX asiste ao intento de definir unha arte nacional con diferentes denominacións, segundo o momento histórico (regionalismo, nacionalismo), e sen esquecer aos artistas e pensadores que teñen propiciado coas súas reflexións unha lectura do pasado e o presente artístico galego.
Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é licenciado en Historia da Arte e profesor de Lingua e Literatura Galegas.
López Bernárdez é coautor do volume Literatura galega, século XX, e da edición de Fírgoas de Manuel Luís Acuña e da Obra Dramática de Ramón Cabanillas. Taamén deu ao prelo estudos dedicados a escritores como Rafael Dieste ou Eduardo Blanco-Amor, e editou a Poesía galega de Lorenzo Varela. Da sua autoría son tamén De catro a catro de Manuel Antonio; Cincuenta anos de poesía galega; A emoción da terra, poesía de Vicente Risco; Lorenzo Varela, vida e obra; e Lorenzo Varela, biografía e antoloxía.
Edita NIGRATREA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.