17 ene 2007

"Se algún día esta muller morta"

Despois de ir ao cinema, coma sempre soa, unha muller decátase de que acaba de ver a súa vida reflectada na pantalla.
Cun monólogo intenso e espido, Miguel Sande (Arteixo, 1961) explora en Se algún día esta muller morta (Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2006), a historia dunha muller maltratada e sometida que se nega a aceptar a morte dos sentimentos e a realidade dunha vida en ruínas.
O relato busca o rastro dos lobos do desexo e da desesperación do mesmo xeito que a protagonista busca refuxio na furna dunha praia… ata que un día entra nela decidida a non saír.
Edita GALAXIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.