"A historia dos primeiros trinta anos de Alvarellos Editora é a memoria impresa de cada unha das ilusións, sacrificios, proxectos, éxitos e tamén frustacións dunha aposta cultural, familiar e independente, no contexto da Galiza do último terzo do século XX. Agora que conmemoramos o noso trixésimo aniversario, botamos a mirada atrás e collemos aire, inspiración, energía, para continuar camiño.
Enrique Alvarellos Iglesias (A Coruña 1931-Lugo 2004) fundou e mantivo, durante tres décadas, un proxecto cultural que xermolou nuns anos nos que todo estaba por facer e moito aínda por cegar Despois de catro décadas de dictadura. El botou a andar a súa editorial en Lugo en maio de 1977, mais tamén dirixía, desde 1963, unha academia, e un taller reprográfico, e era músico, e escritor, e coleccionista de históricas máquinas de escribir…
"Para el, para a súa memoria, e coma proba de que todo esforzo pode ter continuidade, aquí vai este traballo. Nel, trinta firmas de Galiza acudiron ao noso chamamento. Editores, xornalistas, profesores, libreiros, escritores, historiadores ou promotores culturais do país, entre outros amigos, que quixeron sumarse á escrita colectiva deste volume conmemorativo titulado Alvarellos: 30 anos de edición en Galicia. Entre todos eles constrúen a merecida homenaxe a Enrique, que tamén é unha homenaxe ao mundo da edición, ao libro, á cultura de Galiza e á nosa lingua. E por riba de todo isto renden tributo a esas grandes aventuras emprendidas en solitario…
"A todos os participantes nesta obra, polo seu traballo, polas súas xenerosas palabras, e pola súa teimosa ilusión no porvir desta terra, o noso agradecemento , máis fondo en este sentido.
O libro deixa espazo tamén ás fotografías e aos documentos como flashes dun pasado presente. Finalmente, unhas follas de carballo foron as escollidas como pórtico deste volume. Son follas dos carballos da Carballeira de San Lourenzo, ao suroeste de Compostela, fotografadas nunha mañá dominical de marzo cando o inverno xa esvaecía e alborexaba o sol mormo dunha nova primaveira. No carballo --é sabido-- reside un dos máis prezados símbolos da nosa identidade. As súas follas son as nosas follas. A sombra que acubilla. A nosa mesma cor."

[Texto extraído do prefacio do libro]
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.