18 may 2007

"Benquerida catástrofe"

Adam Cairbough, coincidindo coas visitas frecuentes á consulta do doutor Castiñeira para tratar os seus problemas de pel, decide separarse de Eva, á muller que ama desde que chegou a Galiza. As vidas de Adam e Eva veranse sorprendidas por una cambio inesperado, que vai derrubar todo aquilo que xulgaban estable, e definir que é cadaquén.
Esta novela de Teresa Moure, tras o éxito rotundo de Herba Moura, propón a quen le unha indagación sobre esoutro sexo que levamos dentro.
Velaquí unha ficción trepidante que, xogando coa indivisibilidade dos números primos, cuestiona a identidade como algo inherente aos corpos. A reconstrucción da súa identidade sexual converte as personaxes en seres máis felices, que procuran algo que ficara oculto na cotidianeidade e que rematan por descubrir ao se espiren para nós.
Edita XERAIS
[Máis sobre este libro no artigo "Experimento frustrado", de Manuel Rodríguez]

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.