18 may 2007

"Eidos de xornalismo"

A avoa galega de García Márquez, Valle-Inclán, Hemingway en Galicia, Anthony Quinn no Camiño de Santiago, Camilo José Cela, Woody Allen, Torrente Ballester, Orson Welles, Michael Bloomberg… Son persoaxes que aparecen en Eidos de xornalismo, e todo iso e máis acompañado dunhas atinadas reflexións sobre as posibilidades (e as dificultades) dese oficio na actual sociedade.
O xornalismo contemporáneo afronta importantes desafíos. Algúns autores falan de crise. ¿Acabáronse os xornalistas?, ¿e se non hai xornalistas, quen o que os substituiu? A tecnoloxía, cada vez máis requintada, e os procesos de produción da información, enmarcado todo na sociedade da globalización e os intereses das grandes compañías, configuran un panorama complexo, máis tamén apaixoante.
O autor, Carlos González Reigosa (A Pastoriza, 1948) é, ademais de celebrado novelista unha das personalidades máis informadas e experimentadas do mundo da comunicación. Director de información durante anos da Axencia Efe, columnista en distintos medios (entre eles La Voz de Galicia), a súa actividade centrouse sobre todo na xestión informativa das grandes axencias, cunha atención especial tanto á calidade dos procesos informativos como ao traballo dos profesionais.
Edita GALAXIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.