26 mar 2007

"Escritos políticos e literarios" dunha muller comprometida



Olympe de Gouges foi unha adiantada á súa época. O seu estilo de vida e o seu papel de muller comprometida o testemuñan.
Inimiga da violencia, utilizou a escritura como arma para defender aquilo no que cría sen importarlle as consecuencias. Monárquica, cando os aires xa eran republicanos, e crítica coa escravitude dos negros aínda sabendo que iso lle limitaba as súas aspiracións literarias, e tamén enfrontada abertamente a Robespierre a sabendas de que corría perigo a súa propia vida.
Tiveron gran relevancia os seus escritos políticos, especialmente a Declaración dos dereitos da muller e da cidadá, pero non debemos esquecer as súas obras Memorias de Madame de Valmont, O convento ou os votos forzosos ou A necesidade do divorcio.
Editan SOTELO BLANCO y XUNTA DE GALICIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.