18 may 2007

"O soño da febre"

Este libro ten un protagonista singular: a febre. A febre como personaxe, como metáfora da imaginación, do soño, da literatura en definitiva. Partindo dun episodio real da vida do autor (un ataque febril no Cairo), Miguel Anxo Murado (Lugo, 1965) vai presentando unha galería de historias sorprendentes, ás veces oníricas, ás veces simbólicas e sempre presididas pola fantasma da febre.
Na liña de Memoria de derribos, o autor volve explorar así o seu personal universo imaginario nun libro no que é a atmósfera a que “cose como un fío” as diferentes narracións coa historia principal.
Edita GALAXIA
[Máis sobre o libro de Murado no artigo "Bos contos fantásticos", de Manuel Rodríguez Alonso]

2 comentarios:

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.