17 may 2008

Dezasete de Maio: Día das Letras

(Cartaz da campaña do Concello de Ribadeo nas librarías
e panaderías da localidade e das parroquias para fomentar
o uso cotiá da nosa língua. Premer sobre a imaxe para amplia-la)
NOTA: No Día das Letras deste ano celébrase o traballo literario de Xosé María Álvarez Blázquez: ligazón á páxina que ten adicada na web da Real Academia Galega.
LIGAZÓN á blogue Galicia Confidencial, que ofrece unha relación de artigos relacionados co Día das Letras.

1 comentario:

  1. "Ise neno da rúa"

    Non é certo que os nenos teñan fame

    Non pode ser.

    Ben o sabedes todos

    os que andades no mundo atafegados

    á percura do pan dos vosos fillos

    Ises outros que vedes pola rúa

    pedindo esmola,

    non teñen fame, non, porque daquela

    vos teríades morto de vergonza.


    E ben vos vexo andar nos vosos coches

    ou nos tranvías, a berrar de cousas

    estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-

    sen reparar naquil esfarrapado

    que coa moura mauciña está petando

    na porta de ferro.

    Por iso penso que non é verdade

    o que algún caviloso di dos nenos

    que andan así petando pola vida

    -¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-

    A xente pasa leda......¡Fora boa

    que andivesen a rirse dos seus crimes¡
    Xosé María Álvarez Blázquez

    ResponderEliminar

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.