A primeira novela de Pablo Núñez é o relato da hipotética chegada e a estancia das fillas do César en Lucus Augusti (o actual Lugo) para levar a cabo unha perigosa misión. Na cidade da muralla as fillas do emperador atoparanse con dous pobos galaicos enfrontados: os aliados da poderosa Roma, os homes e mulleres das Sete Aldeas, e os maléficos sureños de Gualmar. A morte do aspirante ao trono celta complicará a situación, mais o consello de sabios recibirá unha nova que provocará un xiro inesperado nos acontecementos.
No finisterre do mundo coñecido, onde dúas civilizacións se dan a man, o perigo e a paixón axexan ás fillas do home máis poderoso do imperio.
Logo de seis anos de documentación e escritura, Pablo Núñez (Lugo, 1973) mostra na súa primeira novela unha sorprendente capacidade de recreación histórica que une a unha inxeniosa intriga, cun complemento de paixón e aventura. Lucus Augusti é á vez escenario e protagonista do realto, no que o autor aporta a vida nunha particular homenaxe a súa cidade.
O libro esta tamén publicado en castelán.
Edita EL ANDÉN
Edita EL ANDÉN
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.