Onte foi noticia e motivo de ledicia cultural o libramento do Premio Nacional da Cultura Galega á traxectoria de Méndez Ferrín, no eido da literatura, e ao científico Díaz Fierros, que ademáis é un excelente divulgador do pensamento racional. E hoxe é noticia --e tamén xustifica a ledicia cultural-- que no aparatado das artes escénicas o mesmo recoñecemento poña enriba da taboa o longo e valioso traballo do dramaturgo Manuel Lourenzo.
Manuel Lourenzo é merecedor do premio “por ser o pai do teatro independente galego e destacar como actor, director, dramaturgo, autor de textos teatrais e, ademais, desenvolver un importante traballo de base como profesor”, así o ten recoñecido e subliñado o xurado; opinión que súmase ás de milleiros de galegos que coñecen, entre outras cousas, a valentía cultural que fixo falla no ano 1965 para poñer en marcha o grupo de teatro O Facho, sen esquecer a semente viva de Casa Hamlet.
Tamén recibe o premio Mercedes Peón, polo seu traballo de investigación e divulgación de pezas tradicionais case esquecidas da música popular galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.