Nun momento en que desde algúns sectores minoritarios da sociedade se pide a derogación da Lei de Normalización Lingüística e, en nome da liberdade, se pretende revogar o decreto polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo, ou mesmo se propón lexislar para protexer o castelán fronte á imposición das outras línguas españolas, este libro vén a demostrar que se houbo unha lengua reprimida e perseguida en Galiza, esta foi o galego.
A represión lingüística en Galiza no século XX , de María Pilar Freitas Juvino, sitúase no contexto do contacto, substitución e morte de línguas como resultado, na maioría dos casos, dun proceso de "imperialismo lingüístico". Fronte a isto, deféndese o ecoloxismo das línguas como unha característica arrequecedora, inherente ao ser humano e necesaria para supervivencia das culturas e mesmo dos sentimentos e coñecementos.
Neste libro realízase unha exhaustiva análise das innumerables agresións sufridas pola língua galega ao longo do século XX, desde a lexislación emanada do poder para lograr a imposición do castelán en todo o territorio do Estado, ata o desmantelamento de institucións culturais, a persecución dos galeguistas ou o desprezo e a burla sufrida polos galegofalantes.
Ademais, no libro analízanse as actitudes de institucións como a Real Academia Galega ou a Igrexia Católica respecto da língua de Galiza.
Finalmente, investígase acerca de cómo esta realidade sociolingüística se viu plasmada na literatura galega, pois a literatura é outro espello no que se reflicte, non só a persecución e o desprezo ao galego, senón o complexo de inferioridade aínda certo na sociedade.
Edita XERAIS
Acerca deste tema hai tanto que contar...o peor de todo é que todavía persiste esa represión. É unha lástima.
ResponderEliminarUn saúdo.
Hibris