Esta narración de Begoña Paz describe as vidas de Gabriel e Lis, máis Aldara. Os dous primeiros inician unha estrana relación con Aldara, á quen el quere salvar e a quen ela só sabe odiar. Amor e odio e verdade e mentira son os alicortes duns persoaxes que se debaten entre a decepción pola vida que lles tocou en sorte e a esperanza de que, por unha vez, todo poida ir a mellor.
As mellores intencións é unha historia de amores obsesivos, os que senten Gabriel por Aldara, a cativa pola súa nai, e Lis polo Miñoca.
Un conto cruel cunha rapariga enfeitizada, unha cinsenta ferida e ferinte e un narrador que agacha, baixo a máscara da pasividade, unha cerna escura e implacable.
Edita XERAIS
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.