13 may 2008

"Deshonra"

O relato de John Maxwell Coetzee céntrase no profesor David Curie, de mediana idade e divorciado dúas veces, que tras ensinar durante anos poesía romántica na Universidade Técnica de Cidade do Cabo (Sudáfrica) ten unha impulsiva aventura sentimental cunha alumna.
Á problemática desa situación estoupa cando é denunciado e convocado ante unha comisión de investigación. Desexando admitir a súa culpa pero negándose a ceder ás presións para que mostre públicamente o seu arrepentimento, renuncia a todo e vai visitar a súa filla na remota granxa na que ela vive.
A influencia da filla, Lucy, e os ritmos naturais da granxa prometen achegar harmonía á discordante vida de David; pero o equilibrio de poder no país está cambiando, e el e a súa filla serán víctimas dun violento e perturbador ataque que fará cambalearse as súas conviccións.
Edita RINOCERONTE

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.